27 febrero 2014

E O VENRES...
 

CELEBRACIÓNS EN FEBREIRO




Neste mes de febreiro, ademais do Entroido, celebramos no colexio algúns días especiais. Un destes días foi o Día Internacional de Darwin, International Darwin Day, no que conmemoramos o aniversario do nacemento de Charles Darwin, o 12 de febreiro de 1809. Nese día lémbrase a contribución de Darwin á ciencia e promóvese a práctica da ciencia en xeral.







Se queredes ter máis información, hai moitas páxinas adicadas a este gran científico. Algunha delas: 
http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Darwin

O XOVES...


19 febrero 2014

ENTROIDO 2014

Neste Entroido traballamos as máscaras venecianas e aprendemos moitas cousas sobre Venecia, situámola no mapa e coñecemos a súa historia e a súa arte, investigamos sobre personaxes venecianos célebres como Marco Polo, Vivaldi, ..., coñecemos como é a cidade na actualidade, estudamos o seu famoso Carnaval e soubemos do seu prestixioso festival de cine.

Aprendimos que Venecia é unha cidade que está no norte de Italia e que é unha das cidades máis singulares do mundo, cos seus famosos canales e a beleza dos seus edificios. Sabemos que foi a patria de moitos personaxes famosos, tales como o gran viaxeiro Marco Polo, o gran xenio da música Antonio Vivaldi.
Sabemos que hoxe en día é unha das cidades máis fermosas do mundo, que foi declarada Patrimonio da Humanidade e que alberga grandes obras artísticas, tanto en arquitectura como en pintura e escultura. Coñecemos os graves problemas que ten esta cidade, que se está a afundir pouco a pouco.