29 octubre 2014

UN HORTO DE CONTOS


Xa comezamos a traballar no noso proxecto de Biblioteca, "Un horto de contos", no que vencellamos o traballo da biblioteca co horto escolar. Neste primeiro trimestre adicámonos a recoller refráns, adiviñas, cantigas... que teñen que ver co mundo rural galego. O resultado podedes velo na exposición que estamos a facer nun corredor do colexio.