17 diciembre 2015
Visita á Biblioteca Ánxel Casal e Correos
No noso Centro, dentro do proxecto de Biblioteca "Voando cos libros", estamos a ver e facer diversos modelos de avións, dos que aquí tedes unha mostra. PREMEDE NA IMAXE se queredes ver un VÍDEO amosándoos.
VISITA Á BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL E CORREOS
Visita á Biblioteca Ánxel
Casal e Correos
Este pasado mércores, os
alumnos e alumnas de 3º e 4º foron visitar a biblioteca Ánxel Casal, en
Santiago, como agasallo de grupo por estar no Clube de Lectura. Alí
explicáronlles o funcionamento da biblioteca, ensinándolles todas as depedencias.
Na Sala Infantil viron como funcionaba o Autopréstamo. Finalmente, déronlles copias de solicitude para quen quixer facerse socio/a desta Biblioteca.
Dámoslles as gracias ao persoal da mesma pola súa acollida e atención.
Máis tarde fixeron a visita á oficina de Correos da Rúa do Franco,
tamén en Santiago. Alí amosáronlles o proceso que leva a carta desde que chega.
Os alumnos e alumnas entrevistáronse cun carteiro, quen lles explicou o seu
traballo. Despois probaron os cascos, andaron coa carreta… Pasárono
moi ben e quedamos agradecidos á amabilidade e cordialidade que recibimos.
Moitas gracias a todos e a todas!
|
|
|
|
|
|
FALANDO CO AVÓ
Este pasado martes, para dar por rematada as actividades co libro O estanque dos parrulos pobres, e dado que a trama principal xiraba arredor da relación dun avó coa súa neta, os alumnos e alumnas de 3º e 4º recibimos a visita do avó de Lucía Xian de 3º, que se chama Antonio, que prestouse a vir falar ao colexio e fíxoo da súa profesión de bombeiro no aeroporto de Lavacolla, que tamén se relaciona co proxecto no que estamos a traballar: Voando cos libros. Entre outras moitas cousas, explicounos en que consiste este traballo, contounos que estivo presente en varios acontecementos relevantes ocorridos aquí, como o accidente de El Españoleto en 1978 e dounos moitos consellos de como actuar en caso de incendio. Tamén fixo entrega das “Chapas do Clube”, identificacións persoais como membros do clube, e escolleu mediante sorteo o agraciado co Boneco do Clube de Lectura (agasallo elaborado pola nai de Samuel de 3º).
15 diciembre 2015
ZAMPACONTOS RECOMENDA...
Xa podedes ver as lecturas recomendadas para este Nadal. Desexámosvos que neste Nadal disfrutedes, tamén, coa lectura!
01 diciembre 2015
VOANDO NO ITINERARIO LECTOR
Durante este primeiro
trimestre, e dentro do proxecto proposto pola Biblioteca do centro “Voando
cos libros”, todas as aulas do colexio participan nun itinerario
lector. Trátase de que cada aula leve o seu avión desde o aeroporto de Lavacolla,
facendo escala nos aeroportos Adolfo Suárez de Madrid, e no de Heatrrow,
en Londres, para finalizar no aeroporto Galeao, en Río de
Janeiro. Para cobrir cada etapa é preciso que na aula vian lendo libros. Chegarán
ao seu destino cando teñan lido todos os libros programados en cada aula. Como
vedes nas imaxes, os avións están en marcha. Desexámoslles unha feliz e
proveitosa viaxe!
|
|
|
|
|
|
|
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)