26 abril 2016

DÍA DO LIBRO 2016


Día do Libro. Cuarto centenario da morte de 
Miguel de Cervantes
O 22 de abril celebramos o Día do Libro. Ademais diso, tamén festexamos o cuarto centenario da morte dun famoso escritor, chamado Miguel de Cervantes, coñecido sobre todo pola súa obra “Don Quijote de la Mancha”. Fixemos unha pequena celebración na nosa biblioteca, adornada cun gran mural no que apareces os principais personaxes do libro. Tamén, Nicolás de 6º disfrazouse de Miguel de Cervantes e contounos unha breve biografía del. Máis tarde, algúns alumnos e alumnas doutros cursos de Primaria foron facendo unha descrición de cada un dos personaxes principais do libro. Máis tarde, se puxo un karaoke da canción dunha serie de televisión de Don Quixote, que cantamos todos xuntos. Finalmente déronnos a cada alumno e alumna un marcapáxinas e un libriño sobre os personaxes da novela.

Uxía Vidal

20 abril 2016

Visita de Jacobo Fernández Serrano

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
  Este pasado luns recibimos no noso colexio a visita de Jacobo Fernández Serrano, pintor, ilustrador, autor de banda deseñada e escritor. Ao longo desta mañán falounos dos seus libros, amosándonos como é o longo proceso creativo desde a idea inicial ata que finalmente é editado o seu traballo, tanto no referido ao seu traballo gráfico como ao literario. A actividade dividiuse en dúas sesións, unha primeira co alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, e outra cos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º. As charlas centráronse sobre todo nos libros lidos nos diferentes niveis: cómics de “Marcopola”, libros de “A raposa e a mestra” (escrito por Manuel O'Rivas e ilustrado por Jacobo), “Mil cousas poden pasar” I e II, (escritos e ilustrados por el mesmo) e “A filla do ladrón de bicicletas” (escrito por Teresa González Costa), todos eles publicados pola editorial Xerais.
  Ademais de falarnos sobre o proceso de creación, das diferentes técnicas de traballo e dos aspectos técnicos do seu traballo, debuxounos algúns dos personaxes das súas obras, respondeu ás moitas preguntas que se lle fixeron, asinou o libro de cada alumno e alumna e, finalmente, someteuse a unha entrevista levada a cabo por un equipo de reporteiros e reporteiras de 6º, que poderedes ver dentro duns días no blogue da nosa biblioteca, Zampacontos.
  Foi unha visita moi enriquecedora, coa que aprendimos moitas cousas (tanto o alumnado como o profesorado que puido asistir), sobre todo como se desenvolve o traballo dun creador.
  Jacobo Fernández Serrano é pintor, ilustrador, autor de banda deseñada e obras narrativas. Tamén recibiu moitos premios, tanto polo seu traballo gráfico como literario. Así, recibiu o premio Merlín polo volume primeiro de “Mil cousas poden pasar”, premio que tamén acadou “A filla do ladrón de bicicletas”. Algunhas das súas obras foron traducidas a outros idiomas.
  Se queredes coñecer máis sobre a súa obra podedes visitar o seu blogue, ao que podedes acceder neste enlace.

04 abril 2016

Contacontos na Galería Sargadelos








A semana pasada os alumnos e alumnas de Educación Infantil do noso colexio asistiron a unha sesión de contacontos na Galería Sargadelos, co título "Contos para despois da chuvia, dentro da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura.