31 marzo 2016

María Solar no noso colexio

Esta semana tivemos a sorte de recibir a visita de María Solar, escritora e xornalista. Os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º, dentro das actividades programadas no seu clube de lectura "Contín", puideron charlar con ela sobre a súa obra, que previamente liran, "A verdadeira historia da mosca da tele". A autora contoulles, entre outras cousas, o proceso de creación da novela, e as súas experiencias relacionadas con ela. Foi unha xuntanza moi entretida e ao final ata firmoulles cadanseu libro a todos os alumnos e alumnas.

Día da Poesía 2016

08 marzo 2016

As cartas de Zampacontos


Aquí podedes ver unha das cartas que lles enviou Zampacontos a todas as aulas, como podedes ver chegaron en... globo!

07 marzo 2016

AS CARTAS DE ZAMPACONTOS










O pasado martes o Zampacontos deixou no globo da entrada unhas cartas que explicaban as actividades que imos facer o DÍA DA POESÍA, que celebraremos na semana do 14 ao 18 deste mes de marzo.