31 mayo 2016

LOS MINPINS







Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º, leron como derradeira lectura do Club de Lectura deste curso “Los Mimpins”. Foi un xeito de lembrar que este ano celébrase o centenario do nacemento do seu autor, Roal Dahl. Para pechar o ciclo deste curso, recibimos a visita dun contacontos que veu en representación da editorial Santillana para traballar sobre o libro. Foi un éxito, xa que foi totalmente participativo, sendo os propios alumnos e alumnas os protagonistas de diferentes acontecementos do libro, que tiñan que escenificar e dramatizar. Neste ENLACE podedes ver información sobre o libro que nos ofrece a Editoral Santillana.

30 mayo 2016

EXPOSICIÓNS SOBRE AVIACIÓN










Durante estas últimas semanas alumnos e alumnas de 5º e 6º están a expoñer na biblioteca do Centro os seus traballos sobre aviación. Os traballos son os seguintes: "A lenda de Ícaro", por Marta. "Historia das cometas" por Andrea, Antía e Ana "Leonardo da Vinci", por Lorena e Nicolás "O globo aerostático", por Uxía V. "Amelia Hearthart", por Raquel e Iraima "Os irmáns Wright", por Pablo "Charles Lindbergh", por Elena e Uxía A.

FOGUETE A REACCIÓN

https://youtu.be/1daj18kdG9w


Nestes días pasados fixemos un experimento moi divertido e fácil de facer, que consiste en lanzar unha botella con auga polo aire, é dicir, un foguete de auga. Para iso  empregamos unha bomba de inflar, unha agulla de inflar balóns, unha cortiza de botella  e unha botella de plástico lixeira.
O noso foguete de auga é impulsado pola presión da auga. Ademais de ilustrar unha lei da física que xa explicaremos, é moi divertido.
Ao encher de aire a nosa botella, na que xa hai unha certa cantidade de auga, os gases do aire empezan a facer presión sobre a auga, e esta acaba saíndo polo único sitio posible, empuxando con forza o tapón e saíndo a presión. Esta presión da auga fai que a botella saia disparada en sentido contrario.
Trátase da Terceira Lei de Newton, ou Lei de Acción e Reacción que di que a toda acción oponse unha reacción igual e de sentido contrario. Por exemplo, se lanzas unha pelota cunha certa forza contra a parede, a reacción da pelota será rebotar inmediatamente cara ti.
No noso caso, o foguete propúlsase gracias á combinación de aire e auga, a auga sae expulsada cara atrás da botella, e a botella sae disparada en sentido contrario.

23 mayo 2016

CONTACONTOS COS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3 ANOS

 Á aula de 3 anos viñeron contarlles contos algúns familiares de alumnos e alumnas. A mamá de Nico contoulles o conto de "A cabra Camila", a avoa de Sofía contou "O Patiño Feo", o papá de Antía "O rabaño", e a mamá de Antía "Quen lle ten medo á Carapuchiña Vermella?". Moitas gracias por vir!

Día das Letras Galegas II

https://youtu.be/Hh-uFYSfD04

19 mayo 2016

O CONTO VIAXEIRO NO NOSO COLEXIO

CONTO VIAXEIRO on PhotoPeachComo din na súa páxina, o Conto Viaxeiro é unha iniciativa das Concellarías de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Santiago para contribuír a dinamizar o uso da lingua galega nas primeiras idades, tanto nos centros de ensino como en centros socioculturais e que consiste na construción dun conto colectivo, realizado en varias sesións nas que a través de diferentes dinámicas de creación artística e literaria, vanse introducindo os elementos do conto: lugares, personaxes, situacións, conflitos… favorecendo o coñecemento e a reflexión sobre o contorno lingüístico e cultural. No seu blogue, ademais de poder ver como se vai construíndo o conto, atoparedes propostas de utilización didáctica ás que podedes acceder libremente. Neste enlace podes ver a nosa participación na actividade.

16 mayo 2016

Falamos galego

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, adícase ao poeta Manuel María. Manuel María foi un gran poeta que destacou en moitos aspectos da cultura de Galicia, e tamén deixou a súa pegada na literatura infantil, con poemarios tan significativos como “Os soños na gaiola”, un clásico da poesía en galego adicada á infancia. Ademais, foi un gran defensor da nosa cultura e a nosa lingua. Nós queremos facerlle a nosa pequena homenaxe con este vídeo, no que expresamos o desexo de que o galego siga vivo entre nós, porque forma parte do noso xeito de interpretar o mundo, da nosa cultura e a nosa vida.

12 mayo 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Como sabedes, este martes 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao gran poeta Manuel María. Se queredes coñecer a súa vida, podedes premer neste ENLACE, que vos levará a unha actividade Lim que nos ofrece o espazoAbalar. Podedes vela directamente ou mesmo descargala; neste outro ENLACE accedes a ela directamente.
Tamén podedes aproveitar outros recursos que proporciona a páxina da Casa-Museo Manuel María. Se, por exemplo, queres escoitar algúns dos seus poemas, podes premer neste ENLACE.
Na páxina da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, tedes un espazo didáctico, ao que tamén podedes achegarvos neste outro ENLACE.
Por outra parte, nestes días en Santiago é posible asistir a moitas actividades relacionadas coa celebración deste día. Así, a Biblioteca Pública Anxel Casal propón un espectáculo o 14 de maio para achegarnos á figura do poeta, que podedes ver neste ENLACE. A entrada é gratuita, ao igual que nas actividades seguintes.
No Centro de Maiores Afundación ofrecen tamén actividades relacionadas coa celebración, e que podedes ver AQUÍ.
No portal do Concello de Santiago preséntanse as actividades coas que o concello homenaxea a Manuel María, podes acceder á información AQUÍ.
Na páxina da Cidade da Cultura presentan tamén actividades para celebrar esta data, ás que podedes acceder neste ENLACE.