30 septiembre 2016
13 septiembre 2016
Galería de personaxes
Neste espazo imos falar de persoas famosas que, a pesar de que tiveron diferentes dificultades na súa infancia chegaron a destacar na sociedade. Aínda que este espazo vai dirixido a persoas adultas, pensamos que serve de reflexión sobre como vemos aos rapaces e rapazas, moitas veces centrámonos nas súas dificultades e non soemos ver as potencialidades inmensas que teñen como seres humanos.
Richard
Ford
Richard Ford é un dos meus máis
queridos escritores. En primeiro lugar, é un gran escritor; no seu
país, os Estados Unidos, está considerado un dos escritores máis
importantes en activo da súa literatura. Alí foi recoñecido con
todos os premios literarios importantes. En España ven de ser
recoñecido este ano co Premio Princesa de Asturias das Letras
2016. E, en segundo lugar, porque Richard Ford ten dislexia.
Si, si, lestes ben, é un gran escritor con dislexia. Tiña grandes
dificultades para ler e escribir e, ademais, dábanselle mal as
matemáticas, co cal tiña que traballar moito máis que outros
rapaces. Segundo el, “para facer algo ben teño que traballar moito
máis duro que outra xente. Non podo facer moitas cousas ao mesmo
tempo, podo concentrarme nunha soa”. E tamén: “Son lento. Nunca
fixen unha soa cousa importante na miña vida na que ser rápido
funcione”.
O estilo de Ford é sobrio e preciso,
sen adornos, as súas descricións son moi detalladas, e desenvolve
unha visión irónica da existencia e unha ollada sombría e densa da
vida cotiá.
Eu comecei lendo os seus contos, por
exemplo, os dez relatos do libro “Rock Springs”,
pois Ford é un gran contador de contos. As súas historias son
tristes, realistas, con personaxes que nos poden parecer lonxanos,
pero viven vidas comúns, aínda que teñen mala sorte ou cometen
erros importantes que cambian a súa vida, son perdedores... Nestes
contos, non so é importante o que nos conta, senón tamén (quizais
mais) o que non se di neles.
Tamén escribiu novelas. A min gustoume
moito “O día da Independencia” que,
xunto con “O periodista deportivo” ou “Acción
de Gracias”, nos narra as peripecias de Frank Bascombe, unha
persoa normal e corrente que se ve enfrontado coa súa vida, como
calquera de nós. Segundo Ford, “unha voz que miles de lectores
coñecen [...] un personaxe ao que os lectores van escoitar”.
Finalmente, recomendaría a súa última
novela, “Canadá”, unha novela de aprendizaxe na
que un adolescente, Dell Parsons vese obrigado a aprender a vivir sen
que ninguén lle ensine, despois de ver como se desmoronaba a súa
familia. Aquí florecen todos os temas tratados ao longo da súa
vida: a relación entre pais e fillos, o peso das decisións que
tomamos na vida e o amor, sempre ao borde do colapso.
Se tedes interese, ademais, en coñecer
a súa biografía e a súa traxectoria literaria, premede neste
enlace.
Antón
09 septiembre 2016
Benvida ao novo curso 2016-2017
Benvidos e
benvidas ao novo curso 2016-2017! Como pasastes estas vacacións de verán? Deste o blogue da Biblioteca esperamos que tivérades un bo verán ben e que agora comecedes o curso
con moita enerxía e gañas de aprender!
Pois neste curso
no Colexio imos seguir traballando co proxecto de Biblioteca, de xeito
similar a como o fixemos no curso pasado. Como moitos e moitas de vós
lembrades, a Biblioteca do colexio propón e acorda unha serie de actividades
con todo o colexio (cos demais membros da comunidade educativa) e despois comezamos todos e todas a traballar.
Ademais, en 2017 celébrase o centenario do nacementos da escritora Gloria Fuertes, unha figura moi importante para a literatura
infantil, especialmente na poesía.
Por outra parte, o Día das Letras Galegas deste ano adícase ao extraordinario escritor Carlos Casares, un dos grandes renovadores da literatura galega, tamén na literatura infantil, como veremos neste curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)