05 diciembre 2017

Mochilas viaxeiras 2017-2018


A semana pasada as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Primaria prepararon e levaron ás clases as mochilas viaxeiras. Fixeron un bo traballo e unha moi boa selección. Esperamos que vos goste!

17 noviembre 2017

Exposición sobre África

Na entrada do edifico sur do colexio podedes ver unha exposición sobre libros e revistas relacionadas con África que, como sabedes, é o continente sobre o que estamos a traballar en relación ao proxecto de Biblioteca deste curso.









16 junio 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Velaquí tedes o boletín de recomendacións lectoras para estas vacacións de verán. Seleccionamos lecturas moi interesantes para todas as idades. Pero, claro, hai moitas máis. Nas librerías e nas numerosas bibliotecas (Biblioteca Anxel Casal, bibliotecas dos Centros Socioculturais...) que hai no noso Concello hai moitísimos libros nos que poder escoller. Desexámosvos un bo verán lector!

24 mayo 2017

A GALIÑA AZUL

O venres pasado, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria representaron no colexio a obra "A galiña azul", da que é autor Carlos Casares, o escritor a que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Esperamos que vos goste.

18 mayo 2017

Padriños e madriñas lectoras 2017

Este martes pasado no colexio fixemos unha actividade de padriños e madriñas lectoras que, como vedes, consiste en que os alumnos e as alumnas de cursos avanzados de Educación Primaria (desta vez decidiuse que fosen de 4º, 5º e 6º) lles lesen aos alumnos e alumnas dos primeiros cursos de Educación Primaria e a Educación Infantil. Desfrutamos dun día estupendo e, como vedes nas imaxes, pasámolo moi ben.

12 mayo 2017

O CONTO VIAXEIRO













Este pasado mércores"O Conto viaxeiro", organizado desde o Concello de Santiago e, levado a cabo por Ruth e Sino, levouse a cabo no noso colexio. Aquí os alumnos e as alumnas de 1º e 2º escribiron unha parte do conto deste curso. Nela, falan dun neno que se chama Miguel. Esta historia, e moitas cousas máis, podedes lelas na páxina web de O Conto Viaxeiro se premedes no enlace.

08 mayo 2017

GUÍA DE GRECIA

Aquí tedes a guía de Grecia que elaboraron os alumnos e as alumnas de 5º e que van expoñer proximamente. Esperamos que vos goste!

04 mayo 2017

DÍA DO LIBRO 2017













Este pasado venres celebramos no noso colexio o Día do Libro. Os alumnos e as alumnas das diferentes aulas de Educación Primaria foron relatando contos dos países europeos sobre os que están a traballar. O alumnado de 1º contou a lenda "O holandés errante", dos Países Baixos. De segundo foi a historia "O pastor e o lobo", de España. Os alumnos e alumnas de terceiro contáronos "Confundindo historias", de Gianni Rodari, un escritor italiano. De cuarto foi o conto "Carapuchiña Vermella", de Perrault, representando a Francia. O alumnado de 5º narrou a lenda de "O león e o rato", de orixe grego. Finalmente, os alumnos e alumnas de sexto contaron "O flautista de Hamelin", un conto popular alemán. Para rematar a celebración, todos e todas cantamos a canción "Aprender Europa cantando".

02 mayo 2017

VISITA DE FINA CASALDERREY











Este pasado xoves recibimos a visita de Fina Casalderrey, unha das máis importantes escritoras galegas na literatura infantil, toda unha vida dedicada a contar e escribir historias moitas delas inesquecibles, como as que leron os nosos alumnos e as nosas alumnas: “Dúas bágoas por máquina”, “O estanque dos parrulos pobres”, “O misterio do faro vello”, “Historia da bicicleta dun home lagarto”, “Chamizo” ou “Icía quere cambiar o mundo”. Contounos moitas experiencias da súa vida e como influíron na súa escritura. Foi moi interesante!

20 abril 2017

MENSAXES DE ZAMPACONTOS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

Onte mércores Zampacontos deixounos no globo da entrada novos mensaxes dicíndonos cales eran as novas actividades que nos propoñía para este terceiro trimestre do curso.






07 abril 2017

TEATRO: O PAPÓN

Onte os alumnos e as alumnas de 5º de Educación Primaria foron representar a obra de teatro "O Papón" para os nenos e nenas de Educación Infantil. Foi un grande éxito, porque a prepararon moi ben!






03 abril 2017

Participamos na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura

Este venres pasado os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, máis o alumnado de Educación Infantil,  fomos a Santiago, á Galería Sargadelos, participar na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura, na que colaboran o Concello de Santiago, a Galería Sargadelos e a editorial Kalandraka. Alí Bea e Pablo contáronos varios contos: “Unha última carta”, de Antonis Papatheodoulou, con ilustracións de Iris Samartzi;Que fai falta?”, de Gianni Rodari, traducida por Xosé Ballesteros Rei e ilustrada por Silvia Bonanni; Janosch Crebacabezas, con ilustracións de Janosch e “Os tres porquiños”, con texto de Xosé Ballesteros e ilustracións de Marco Somà.
Finalmente, puxéronos un vídeo do grupo Migallas, coa canción “Mamá Gatiña” disco "Canta connosco".
Foi moi entretido!
Tamén tivemos moita sorte, porque a pesares de que foi un día de choiva, e houbo un anaco que tivemos que esperar a cuberto para que escampara (menos mal que no casco antigo de Santiago os nosos antergos construíron soportais para protexerse do mal tempo!) finalmente ata saíu o sol cando fomos coller o autobús.