03 abril 2017

Participamos na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura

Este venres pasado os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, máis o alumnado de Educación Infantil,  fomos a Santiago, á Galería Sargadelos, participar na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura, na que colaboran o Concello de Santiago, a Galería Sargadelos e a editorial Kalandraka. Alí Bea e Pablo contáronos varios contos: “Unha última carta”, de Antonis Papatheodoulou, con ilustracións de Iris Samartzi;Que fai falta?”, de Gianni Rodari, traducida por Xosé Ballesteros Rei e ilustrada por Silvia Bonanni; Janosch Crebacabezas, con ilustracións de Janosch e “Os tres porquiños”, con texto de Xosé Ballesteros e ilustracións de Marco Somà.
Finalmente, puxéronos un vídeo do grupo Migallas, coa canción “Mamá Gatiña” disco "Canta connosco".
Foi moi entretido!
Tamén tivemos moita sorte, porque a pesares de que foi un día de choiva, e houbo un anaco que tivemos que esperar a cuberto para que escampara (menos mal que no casco antigo de Santiago os nosos antergos construíron soportais para protexerse do mal tempo!) finalmente ata saíu o sol cando fomos coller o autobús.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario