24 marzo 2017

Obradoiro con Abraham Carreiro

Onte Abraham Carreiro estivo no noso colexio, realizando un obradoiro con alumnos e alumnas de Educación Primaria, desde 2º ata 6º. Nel ensinounos moitas técnicas de debuxo para facer banda deseñada (historias gráficas ou cómics). Estivo moi interesante e aprenderon un montón de cousas!

21 marzo 2017

OS PAÍSES EUROPEOS E A SÚA MÚSICA









Como sabedes, dentro do noso Proxecto de Biblioteca estamos a estudar unha serie de países europeos, dos que entre outros aspectos, estudamos a súa cultura e, dentro dela, a súa música, que plasmamos nestes carteis. A que nos quedaron moi ben?

14 marzo 2017

Novo libro no Club de Lectura de 6º

No Club de Lectura de 6º comezamos a ler un novo libro titulado "O mono do asasino", un libro da Editorial Sushi. Xa vos falaremos del moi pronto! 

Sobre "A lección de August"

Opinión sobre "A lección de August"

 
Opino que este libro é moi completo xa que ten de todo: amizade, medo, curiosidade, alegría, emoción, felicidade, bágoas…
Encantoume a forma no que está escrito, porque aínda que sexa un libro algo extenso, lese moi rápido xa que non se fai pesado senón todo o contrario é moi dinámico. Tamén axuda o feito de que os capítulos son curtos. Algo que  me gustou foi que está dividido en varias partes narradas por diferentes persoas dando o seu punto de vista respecto á situación.
Marta, 6º Curso



03 marzo 2017

Mensaxe de Zampacontos








Onte xoves Zampacontos deixounos a súa mensaxe na entrada do colexio. Desta vez a mensaxe contén instrucións para levar a cabo a actividade da POESÍA VIAXEIRA. As diferentes aulas do cole van ir participando nesta actividade, que comezará o 6 de marzo e rematará o 23 do mesmo mesmo mes, permitindo así que celebremos o Día Mundial da Poesía, o 21 de marzo.